jueves, 8 de marzo de 2018

Concurso Mulleres na literatura



Este oito de marzo e para celebrar o Día da muller, o equipo da biblioteca creou un concurso para todos os alumnos que queiran participar e así visibilizar a grandes escritoras de todas as épocas. 
Como vedes na foto, no cartel que colocamos en fronte da biblioteca do primeiro andar, hai unha serie de fotografías de importantes escritoras internacionais. A o seu carón está a lista con todos os nomes. O único que hai que facer é unir nomes e fotos no formulario que podedes atopar na mesiña que está debaixo e meter ese formulario co voso nome e curso na caixa de correo. Doado, verdade? 
E se algúns dos nomes se vos resisten un pouco, sempre podedes consultar en internet.
Xa sabedes quén é quén?
O concurso estará aberto ata o martes 13.
Ánimo e boa sorte!


No hay comentarios:

Publicar un comentario